Xogos
domingo, 7 de mayo de 2023
jueves, 23 de marzo de 2023
PRÁCTICA 4
WEBQUEST:
- REFLEXIÓN GRUPAL:
Desde o noso punto de vista, a aplicación dos recursos Webquest nas aulas de Educación Primaria chega a ser moi importante para o desenvolvemento das clases. Esta permitirá que o alumnado manexe a diferente información vinculada á temática elixida e fomentará o crecmento das competencias dentro do ámbito da investigación. En termos xerais, esta vai garantir a búsqueda e produción dunha páxina web cuxo fin se atopa na publicación do resultado dunha investigación. En contraposición, encontramos algúns inconvenientes na Webquest, como por exemplo senón está ben deseñada, só será un conxunto de preguntas que conducirán aos alumnos a simples contidos teóricos ou información pouco cohesionada. Ás veces, estes contidos e materiales educativos tenden a desviarse dos obxectivos do temario. Ademais, se o seu nivel é moi complexo, o alumnado cansaríase pronto do recurso, e mostraría gran falta de interese. Para que a ferramente sexa de utilidade, é necesario una boa preparación tanto por parte do mestre/a, como do grupo de alumnos/as. E sobre todo, é imprescindible dispór de recursos tecnolóxicos no centro, senón sería practicamente imposible realizar a actividade.
miércoles, 15 de marzo de 2023
PRÁCTICA 3:
REFLEXIÓN GRUPAL:
Despois de traballar con diferentes plataformas para a realización das
actividades interactivas, chegamos a conclusión de que existen un amplo
abano de aplicacións que non nos proporcionan os recursos necesarios
para a elaboración exitosa da tarefa proposta. Entre as que utilizamos
destacamos dúas: Genially e Powerpoint.
Con respeto á primeira, foi a máis doada de empregar debido o inmenso
número de posibilidades que otorgaba para realizar as actividades.
Ademais, esta presentaba plantillas gratuítas conformadas con diversas
animacións e transicións, que facían máis atractiva a actividade.
Os xogos escollidos, están totalmente adaptados ás capacidades e idade
do alumnado de 3º de Educación Primaria. Estes son intuitivos, de interese
e apenas necesitan explicación previa e, grazas a eles, poranse en practica
os coñecementos obtidos das clases teóricas anteriores.
Por outra banda, a segunda plataforma debido a gran variedade de
recursos de edición que ofrece permite crear actividades (centradas
principalmente na búsqueda de diferenzas, unir conceptos ou xogos de
palabras). Esta non presenta plantillas prediseñadas pero con tempo e
ganas puidemos chegar a crear actividades, canto menos, entretidas e
dinámicas. Como en Genially, os xogos que deseñamos permitirán o repaso
do temario das clases anteriores vinculadas aos Ecosistemas.
PRÁCTICA 3: EDILIM (IAGO BUGALLO DOVAL)
EDILIM: Iago Bugallo Doval
Palabra secreta
https://chiscos.net/xestor/chs/Iago/eco2/eco.1.html
O principal obxetivo desta actividade e que os nenos/as coñezcan os diferentes ecosistemas terrestres que se encontran na península Ibérica a través de información relevante para asociala co termo indicado.
Respuesta múltiples
https://chiscos.net/xestor/chs/Iago/eco3/eco.2.html
Con esta segunda actividade o que se quere traballar son diferentes termos relacionados coas ciencias naturais, como poden a biodiversidade, os ecosistemas etc. a través de preguntas tipo test.
Rompecabezas
https://chiscos.net/xestor/chs/Iago/eco4/eco.3.html
Para finalizar esta última actividade o principal obxetivo e que os nenos/as adquiran vocabulario relacionado coas ciencias naturais. Nesta actividade dispoñen dunha breve información na que teñen que relacionala co seú termo no rompecabezas.
REFLEXIÓN INDIVIDUAL:
Esta aplicación educativa e unha boa ferramenta de autor
para traballar cos nenos/as, xa que dispón de varios modos
de elaboración para poder desenvolver diferentes actividades
en relación co tema a traballar. O deseño de actividades
é un pouco complicado se non se usou con anterioridade,
pero tras o seu uso continuado comeza a ser máis sinxelo.
Tendo a información que se quere traballar, a aplicación
permiteche relacionar imaxes co temario e añadirlle sons, música etc.
Práctica 3. PowerPoint. Daniel Moreiro Cid
REFLEXIÓN INDIVIDUAL:
Trala a utilización da plataforma PowerPoint para realizar as actividades interactivas da práctica 3 podo afirmar que non é doada de manexar e é bastante básica en termos xerais (limita a un tipo determinado de xogos).
O feito de que non conte con ningunha plantilla e as propias limitacións da ferramenta para a creación deste tipo de actividades dificultou bastante a creación dunha tarefa final orixinal e de calidade.
Por outra banda, a incompatibilidade desta con outros recursos para a creación dun enlace final supuxo que o traballo adiantado se convertese nun retroceso constante no que animacións, transicións e hipervínculos se vían modificados.
Con todo isto, PowerPoint, a pesar de non ser a mellor opción para a realización de xogos, pode garantir a atención do alumnado, fomentando a súa participación e permitindo que as clases sexan máis amenas.
Desde a miña perspectiva e opinión, elixiría Genially como plataforma estrela para levar a cabo este tipo de actividade, deixando de lado Brincaletras ou esta aplicación mesmo por seren básicas ou pensadas para outro tipo de funcións (non repetitivas).
En definitiva, puiden crear os xogos centrados no repaso de conceptos e contido xeral que complementarán as clases teóricas e prácticas de Ciencias Naturais. Fomentarase a competitividade entre o alumnado, a interacción entre eles, a mellora no rendemento académico e a innovación das clases “clásicas” nas que unicamente se centran no estudo de temario a base de repetición e non dunha forma práctica.
O "Rosco das Ciencias Naturais (Ecosistemas)" consiste
na reprodución de diferentes preguntas vinculadas coa temática elixida e o
obxectivo deste é adiviñar o máximo número de conceptos. Fomentarase a memoria
e a posta en práctica das diferentes definicións dos c conceptos explicados en
clase.
"Elixe
a túa resposta" é un xogo de preguntas que conta con ata catro opcións de
resposta. Con esta, foméntase a aprendizaxe e a complementariedade de contidos
das clases con esta actividade interactiva.
"Memorama"
é un xogo centrado no recordo e memoria dos conceptos aprendidos das sesións
anteriores de Ciencias Naturais. Ao mesmo tempo que se xoga a este, poderáse
entrar nunha pestaña a maiores na que obteña información sobre os diferentes
ecosistemas aos que pertencen os animais mostrados.
PRÁCTICA 3: WORDWALL (Alba Louzán)
WORDWALL:
Coa primeira actividade quero conseguir que o alumnado comprenda que animais pertencen a cada ecosistema dunha forma máis interactiva. Para conseguir isto utilicei o clásico xogo da toupeira.
https://wordwall.net/es/resource/53294440
A segunda actividade son unha serie de palabras que teñen que ver cos ecosistemas, para adiviñar estas palabras proporciónaselle ao alumnado unhas pistas. Con isto o que quero conseguir e que sirva de axuda no momento de ter que memorizar as palabras.
https://wordwall.net/es/resource/52988801
A última actividade consiste en identificar unha serie de animais cos seus respectivos ecosistemas, esta é unha forma máis divertida de repasar esta parte do temario.
https://wordwall.net/es/resource/52987705
A aplicación que escollín para realizar as miñas actividades é Wordwall. Esta plataforma ofrece diversas plantillas nas que podes crear as túas propias actividades, as plantillas son moi variadas, hai dende os xogos mas tradicionais de preguntas e respostas, ata xogos moi orixinais; pola contra moitas destas plantillas son de pago.
PRÁCTICA 3: FERRAMENTAS DE AUTOR
GENIALLY: Lorena Lorenzo Atanes
- Descobre de que ecosistema se trata... https://view.genial.ly/63f65db530861f0019973733/interactive-content-descubre-al-personaje
- Trivial https://view.genial.ly/63f638c830861f001996c704/interactive-content-quiz-trivial-ii
- Ruleta de coidado medioambiental https://view.genial.ly/63f6424dd7ac52001a758c13/interactive-content-quiz-ruleta-genia
Xogos
-
REFLEXIÓN INDIVIDUAL: Trala a utilización da plataforma PowerPoint para realizar as actividades interactivas da práctica 3 podo afirmar qu...
-
Nome da materia: Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación Primaria Nomes das/os integrantes do equipo: Nome do grupo: Innoteens Grupo de prá...
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)