WORDWALL:
Coa primeira actividade quero conseguir que o alumnado comprenda que animais pertencen a cada ecosistema dunha forma máis interactiva. Para conseguir isto utilicei o clásico xogo da toupeira.
https://wordwall.net/es/resource/53294440
A segunda actividade son unha serie de palabras que teñen que ver cos ecosistemas, para adiviñar estas palabras proporciónaselle ao alumnado unhas pistas. Con isto o que quero conseguir e que sirva de axuda no momento de ter que memorizar as palabras.
https://wordwall.net/es/resource/52988801
A última actividade consiste en identificar unha serie de animais cos seus respectivos ecosistemas, esta é unha forma máis divertida de repasar esta parte do temario.
https://wordwall.net/es/resource/52987705
A aplicación que escollín para realizar as miñas actividades é Wordwall. Esta plataforma ofrece diversas plantillas nas que podes crear as túas propias actividades, as plantillas son moi variadas, hai dende os xogos mas tradicionais de preguntas e respostas, ata xogos moi orixinais; pola contra moitas destas plantillas son de pago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario