miércoles, 15 de marzo de 2023

PRÁCTICA 3:

REFLEXIÓN GRUPAL:


Despois de traballar con diferentes plataformas para a realización das

actividades interactivas, chegamos a conclusión de que existen un amplo

abano de aplicacións que non nos proporcionan os recursos necesarios

para a elaboración exitosa da tarefa proposta. Entre as que utilizamos

destacamos dúas: Genially e Powerpoint. 


Con respeto á primeira, foi a máis doada de empregar debido o inmenso

número de posibilidades que otorgaba para realizar as actividades.

Ademais, esta presentaba plantillas gratuítas conformadas con diversas

animacións e transicións, que facían máis atractiva a actividade.


Os xogos escollidos, están totalmente adaptados ás capacidades e idade

do alumnado de 3º de Educación Primaria. Estes son intuitivos, de interese

e apenas necesitan explicación previa e, grazas a eles, poranse en practica

os coñecementos obtidos das clases teóricas anteriores.


Por outra banda, a segunda plataforma debido a gran variedade de

recursos de edición que ofrece permite crear actividades (centradas

principalmente na búsqueda de diferenzas, unir conceptos ou xogos de

palabras). Esta non presenta plantillas prediseñadas pero con tempo e

ganas puidemos chegar a crear actividades, canto menos, entretidas e

dinámicas. Como en Genially, os xogos que deseñamos permitirán o repaso

do temario das clases anteriores vinculadas aos Ecosistemas.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 Xogos