miércoles, 15 de marzo de 2023

Práctica 3. PowerPoint. Daniel Moreiro Cid

 REFLEXIÓN INDIVIDUAL:


Trala a utilización da plataforma PowerPoint para realizar as actividades interactivas da práctica 3 podo afirmar que non é doada de manexar e é bastante básica en termos xerais (limita a un tipo determinado de xogos).


O feito de que non conte con ningunha plantilla e as propias limitacións da ferramenta para a creación deste tipo de actividades dificultou bastante a creación dunha tarefa final orixinal e de calidade.


Por outra banda, a incompatibilidade desta con outros recursos para a creación dun enlace final supuxo que o traballo adiantado se convertese nun retroceso constante no que animacións, transicións e hipervínculos se vían modificados.


Con todo isto, PowerPoint, a pesar de non ser a mellor opción para a realización de xogos, pode garantir a atención do alumnado, fomentando a súa participación e permitindo que as clases sexan máis amenas.


Desde a miña perspectiva e opinión, elixiría Genially como plataforma estrela para levar a cabo este tipo de actividade, deixando de lado Brincaletras ou esta aplicación mesmo por seren básicas ou pensadas para outro tipo de funcións (non repetitivas).


En definitiva, puiden crear os xogos centrados no repaso de conceptos e contido xeral que complementarán as clases teóricas e prácticas de Ciencias Naturais. Fomentarase a competitividade entre o alumnado, a interacción entre eles, a mellora no rendemento académico e a innovación das clases “clásicas” nas que unicamente se centran no estudo de temario a base de repetición e non dunha forma práctica.




O "Rosco das Ciencias Naturais (Ecosistemas)" consiste na reprodución de diferentes preguntas vinculadas coa temática elixida e o obxectivo deste é adiviñar o máximo número de conceptos. Fomentarase a memoria e a posta en práctica das diferentes definicións dos c conceptos explicados en clase.


"Elixe a túa resposta" é un xogo de preguntas que conta con ata catro opcións de resposta. Con esta, foméntase a aprendizaxe e a complementariedade de contidos das clases con esta actividade interactiva.


"Memorama" é un xogo centrado no recordo e memoria dos conceptos aprendidos das sesións anteriores de Ciencias Naturais. Ao mesmo tempo que se xoga a este, poderáse entrar nunha pestaña a maiores na que obteña información sobre os diferentes ecosistemas aos que pertencen os animais mostrados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 Xogos