miércoles, 15 de marzo de 2023

 PRÁCTICA 3: FERRAMENTAS DE AUTOR


GENIALLY: Lorena Lorenzo Atanes





REFLEXIÓN INDIVIDUAL 

Para realizar estes tres xogos, empreguei a ferramenta en liña, Genially. É un recurso moi útil para crear diferentes tipos de contidos, desde infografías ou presentacións, para explicar un tema de forma teórica, ata xogos e actividades interactivas para levar á práctica os contidos aprendidos nas sesións. Pese a só poder acceder as opcións gratuítas, foime doado crear xogos entretidos e enriquecedores para os alumnos/as, cos que poderán porse a proba en diferentes aspectos (todos relacionados cos ecosistemas), e competir por adquirir a máxima puntuación. 

O trivial e a ruleta son actividades interactivas motivadoras e que as utilizaría de modo individual, é dicir, cada alumno pode acceder a elas co seu propio ordenador ou tablet. Grazas ás múltiples opcións de preguntas e respostas, o alumnado pode tratar diferentes términos e contidos con diferentes niveis de dificultade.

Mentres que o xogo de “Descobre cal é o ecosistema”, ensinaríao na aula de forma colectiva, fomentando o traballo cooperativo e a axuda mutua entre iguais.




O obxectivo xeral sería dar ao alumando ferramentas educativas que lles permita adentrarse máis no tema explicado, ademais de conseguir novas habilidades cas TICs, colaborativas e, á vez, despertar o seu instinto competitivo. Así poderemos alcanzar unha mellora no seu rendimento académico.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

 Xogos