01/02/2023
Hoxe comezamos coa primeira práctica e organizamos os novos grupos. A creación dun blog onde todos/as podamos traballar parécenos un proxecto enriquecedor, xa que pode resultar unha ferramenta moi útil para compartir información, realizar as distintas dinámicas grupais e que, ao mesmo tempo, quede recollido nunha plataforma común. Ademais, consideramos que podemos aprender moito desta tarefa, porque a nosa experiencia traballando deste xeito é bastante escasa. Debido a isto, atopamos complicacións á hora de crealo e compartilo cos membros, para que todos/as o poidamos editar.
No día de hoxe, plantexousenos a primeira parte da 2º práctica. Analizamos diversos recursos educativos de diferentes plataformas/webs recomendadas pola profesora. Dentro dos recursos que nos presentaron, eliximos os cinco que máis se adaptan á temática elixida (os ecosistemas). Para a escolla, avaliamos a calidade e cantidade dos contidos, a doada accesibilidade para localizar ditos recursos, a súa orixinalidade no deseño e o xeito en que se adecúa ao ritmo de traballo do alumnado de 3º curso de Educación Primaria..
15/02/2023
Nesta clase realizamos un póster no que se recolle a información que recopilamos na anterior sesión, sobre as páxinas REA. O póster ten un diseño acorde á temática do blog (os ecosistemas) e levámolo a cabo cunha plantilla da plataforma de Canva. Ademais, no interior do póster atópanse unha serie de códigos QR, que che permiten acceder ao documento no que levamos a cabo o análise das webs anteriormente mencionadas.
Por outra banda, publicamos unha nova entrada no blog que trata o concepto dos recursos educativos abertos (REA) e a súa influencia en todos os ámbitos da vida educativa . A maiores engadimos o póster realizado tamén nesta sesión.
22/02/2023
Nesta clase, trala explicación da terceira tarefa repartímonos e organizámos as diferentes aplicacións que imos utilizar. De primeiras, abordamos o exercicio analizando as diferentes ferramentas para ver cal delas se adecuaba mellor ás nosas necesidades á hora de crear os novos xogos (tres actividades por persoa o que nos permitiría realizar un total de quince).
Debido a que o tempo restante da clase era amplio, decantámonos por iniciar a actividade. Así, adiantamos traballo para as próximas sesións.
01/03/2023
Nesta sesión continuamos coa creación dos xogos interactivos que comezáramos na clase anterior. Ademais, comezamos a realizar a reflexións individuais de cada ferramenta de autor, destacando os aspectos positivos e negativos delas e o que nos permitiron crear con elas.
Retomamos a presentación do último día para analizar os principios de Richard Mayer ademais da Taxonomía de Bloom.
15/03/2023
Na clase de hoxe debatimos sobre o tema da webquest, estivemos buscando diferentes contidos para a súa explicación.
Ademais, disto rematamos a actividade anterior e fixemos a entrega da mesma.
22/03/2023
Na sesión de hoxe rematamos coa elaboración da nosa webquest sobre a contaminación. Seguido disto realizamos o podcast, que lle pedimos ao noso alumnado na xa mencionada webquest, que trata os distintos tipos de contaminación e as súas causas e consecuencias.
29/03/2023
Na clase de hoxe estivemos traballando coa iniciativa STEAM, que recolle diferentes á,mbitos da ciencia na educación. Todas as actividades que realizamos e utilizamos foron a través da aprendizaxe por descubrimento, primeiramente utilizamos a robótica mediante o Scornabot. Seguimos coa makey makey que foi a que máis tempo nos levou, pero logramos realizala, por último utilizamos unha aplicación para realizar un diseño 3D. Nos escollimos debuxar unha árbore, xa que o noso tema son os ecosistemas e todo o que o rodea.
Na parte individual realizamos un test que recollía a nosa aopinión sobre a clase de hoxe, e os obxectos que utilizamos.
12/04/2023
No día de hoxe, traballamos no noso proyecto STEAM, deseñamos a tarefa que queríamos levar a cabo, as normas e o deseño. Comenzamos a desenvolvela, cortando o noso taboleiro (cartulina), deseñando as casillas do taboleiro e as diferentes preguntas que se formulan na nosa tarefa, tamén sacamos fotos do diferente pasos que se levaron a cabo, para o seu uso no documento, o cal tamén comenzamos.
19/04/2023
Na clase de hoxe, traballamos no video didáctico, pensamos a idea que queríamos levar a cabo no video e a maneira para editalo. Dividimos a tarefa en varias partes, uns dibuxaban e outros pintaban e cortaban os materiaís necesarios para o noso video. Ao remate da clase fixémos fotos para posterior naracción da historia utilizando a aplicación stopmotion.
26/04/2023
No día de hoxe, estivemos a avanzar na práctica 7 con respecto á creación dun póster científico no cal nos apoiaremos á hora de realizar a exposición. Ademais, comezamos coa realización da imaxe interactiva introducindo as prácticas que levamos a cabo ao longo do cuadrimestre. Para a elaboración disto, utilizamos a aplicación de Canva (póster) e Genially (imaxe interactiva).
03/05/2023
Nesta sesión, rematamos o póster científico para o seu uso na presentación da seguinte semana así como a imaxe interactiva no que se recolle todo o traballado o longo deste cuatrimestre. Repartimos as partes que íamos expoñer na derradeira clase da forma máis equitativa posible entre os cinco membros do grupo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario